Río Slaney
Aparencia
| (ga) An tSláine | ||||
| Tipo | río | |||
|---|---|---|---|---|
| Inicio | ||||
| Continente | Europa | |||
| División administrativa | Irlanda | |||
| Localización | Lugnaquilla (en) | |||
| Final | ||||
| Localización | Mar de Irlanda | |||
| ||||
| Afluentes | ||||
| Características | ||||
| Dimensións | 117 ( | |||
| Superficie da cunca hidrográfica | 1.762 km² | |||
O río Slaney (en irlandés Abhainn na Sláine) é un río que flúe ó longo de 117 km polo sueste de Irlanda. Nace no monte Lugnaquilla, nas montañas Wicklow, e atravesa os condados de Wicklow, Carlow e Wexford antes de desembocar finalmente no canal de San Xurxo, no mar de Irlanda e preto da vila de Wexford.
O río e as súas ribeiras son fogar de numerosas especies animais entre as que destacan cisnes, merlos acuáticos, lavancos, garzas reais, picapeixes, lontras, gaivotas choronas, bufos, curuxas, morcegos e cervos. Tamén abundan as troitas e os salmóns.
