Saltar ao contido

Sterna

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Sterna
Sterna
Carl von Linné 1758 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Clasificación taxonómica
 Categoría taxonómica
 Taxon superior
ReinoAnimalia
FiloChordata
SubfiloVertebrata
SuperclaseTetrapoda
ClaseAves
OrdeCharadriiformes
SubordeLari
FamiliaSternidae
XéneroSterna
Localización
 Área de distribución
Códigos e identificadores
Freebase/m/022lk1 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2778438303 Editar o valor en Wikidata
ITIS176885 Editar o valor en Wikidata
OTT16767 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata G:Commons C:Commons
Sterna acuticauda
Sterna aurantia

Sterna é un xénero de aves acuáticas da orde dos caradriformes, suborde dos laros, que para moitos autores é o tipo da familia dos estérnidos. (Véxase máis abaixo "Nota taxonómica").

Hai anos adoitaba incluír especies de xéneros hoxe diferentes, pero estudos de secuenciación de ADN mitocondrial determinaron recentemente que esta agrupación era parafilética, polo que se separaron dela as especies dos xéneros Gelochelidon, Hydroprogne, Thalasseus, Sternula e Onychoprion.[1]

Comprende 13 especies coñecidas vulgarmente en galego como carráns,[2] e noutros idiomas con nomes equivalentes a andoriñas do mar, aves de tamaño mediano que se encontran nas rexións costeiras de case en todo o mundo.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

O xénero foi descrito en 1758 por Linnaeus na 10ª edición do seu Systema Naturae.[3]

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O nome científico Sterna, voz do xénero feminino, deriva probabelmente do termo escandinavo Tern vía o inglés, e latinizado como sterna, "andoriña do mar", desde, polo menos, o século VIII.[4] En latín clásico, esterna deriva do verbo esternere, "tenderse no chan", derivado do grego antigo στέρνον stérnon, "peito" (da que tamén procede o nome do óso esterno).[5]

Nota taxonómica

[editar | editar a fonte]

Sterna situábase anteriormente dentro da familia dos estérnidos pero actualmente (2019) sitúase dentro da familia dos láridos (como subfamilia dos esterninos) segundo o Congreso Ornitolóxico Internacional (IOC),[6] e outras bases de datos e autores.[7][8][9]

Desde 2005 recoñécense dentro do xénero as seguintes trece especies:[1][10]

En Galicia

[editar | editar a fonte]

En Galicia pódense ver as especies: Sterna dougalli, S. hirundo, S. paradisaea.[11]

  1. 1 2 Bridge, E. S.; Jones, A. W. & Baker, A. J. (2005). A phylogenetic framework for the terns (Sternini) inferred from mtDNA sequences: implications for taxonomy and plumage evolution Arquivado 20-07-2006 en Wayback Machine.. Molecular Phylogenetics and Evolution 35: 459–469. Consultada o 7 de decembro de 2019.
  2. carrán no Dicionario da RAG.
  3. Linnæus, Caroli (1758): Systema naturæ per regna tria naturæ, secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis. Tomus I. Editio decima, reformata. Holmiæ. (Salvius), páxina 137.
  4. Etimoloxía de Sterne no Trésor de la langue française informatisé.
  5. sternum no Merraiam-Webster Unabrigeg Dictionary.
  6. Ver Sterna en "Famuly Laridae" na IOC World Bird List. Versión 9.2, 2019. Consultada o 10 de decembro de 2019.
  7. Laridae no ITIS.
  8. Alan P. Peterson. "Birds of the World -- current valid scientific avian names." (en inglés). Consultado o 11 de decembro de 2019.
  9. Sterninae. Terns and noddys. Clasificación na ADW.
  10. Sterna Linnaeus, 1758 no ITIS.
  11. Penas Patiño et al. 1991, p. 176.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]