Saltar ao contido

Testículo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Testículo
testis Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Parcialmente coincidente con
ovotestis (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
 Desenvolvemento
 Homólogo sexual
 Drenaxe linfática
 Irrigado por
 Drenado por
Códigos e identificadores
MeSHD013737 Editar o valor en Wikidata
Thesaurus do NCIC12412 Editar o valor en Wikidata
TA 98A09.3.01.001
CIE-111002532547 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2779066085 e C2910828845 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
BNE: XX534283
Wikidata C:Commons
Corte transverso dun testículo

Os testículos son cada unha das dúas gónadas masculinas, produtoras dos espermatozoides e das hormonas sexuais masculinas (testosterona). Son os órganos glandulares que forman a parte máis importante do aparato reprodutor masculino.

Anatomía do testículo

[editar | editar a fonte]
  • Situación; os testículos están situados baixo do pene, entre as dúas coxas, por diante do perineo. Están envoltos por un conxunto de cubertas con forma de bolsa, chamada escroto. As dúas gónadas non ocupan o mesmo nivel, xa que na maioría dos homes o testículo esquerdo baixa un pouco máis que o dereito. Están suspendidos do seu extremo inferior polo cordón espermático e están desprovistos de adherencias na maior parte da súa superficie exterior, polo que resultan moi móbiles en todos os sensos.
  • Migración dos testículos: no home, como no resto de mamíferos, os testículos proceden do interior da cavidade abdominal, a dereita e esquerda da columna lumbar, ao lado dos riles. No terceiro mes do desenvolvemento fetal, os testículos abandonan esta rexión e descenden polo conduto inguinal, atravesando a parede abdominal, arrastrando consigo as bolsas que os envolven ata a súa posición definitiva. O descenso incompleto dos testículos chámase criptorquidia.
  • Número: os testículos son dous, un no lado dereito e outro no lado esquerdo. Anormalmente pode existir un só testículo por ausencia de desenvolvemento do outro. Cando tamén falta o epidídimo e o conduto deferente, chámase monorquidia; cando faltan os dous testículos chámase anorquidia.
  • Tamaño: nos cativos o tamaño dos testículos é relativamente pequeno (de 1 a 2 cm de lonxitude). Na puberdade e ata a adolescencia crecen ata alcanzar entre 3 e 6 cm de lonxitude e entre 2 e 3 cm de ancho. Este tamaño consérvase máis ou menos estable durante toda a vida, aínda que ás veces se percibe unha lixeira atrofia na vellez ou un lixeiro aumento de tamaño debido ao consumo de esteroides. O tamaño desmesurado dos testículos débese na maioría das ocasións a unha hidrocele (acumulación de líquido na túnica serosa do testículo).
  • Cor, forma e consistencia: os testículos son de cor branca azulada, ás veces vermella cando están cheos de sangue. Esta coloración débese ás bolsas que os envolven. O testículo ten forma ovoide achairado en senso transversal. Ten unha consistencia dura e algo elástica debido á capa fibrosa que o rodea.

Estrutura do testículo

[editar | editar a fonte]
  1. Condutos rectos
  2. Rede de Haller
  3. Conos eferentes
  4. Epidídimo

Bolsas dos testículos

[editar | editar a fonte]
Bolsas dos testiculos

Son un conxunto de cubertas que rodean aos testículos; de dentro a fóra son:

Vascularización dos testículos

[editar | editar a fonte]
  • Arterias: os testículos están irrigados polas arterias espermáticas, a arteria deferente e a arteria funicular.
  • Veas: están drenados polas veas espermáticas. Cando se obstrúen producen o varicocele.
  • Vasos linfáticos