Triesen
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Liechtenstein | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 5.230 (2019) | ||||
| Lingua oficial | lingua alemá | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 26,4 km² | ||||
| Altitude | 512 m | ||||
| Punto máis alto | Grauspitz (pt) | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Organización política | |||||
| • Xefe do goberno | Günter Mahl (en) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 9495 | ||||
| Prefixo telefónico | 7002 | ||||
| ISO 3166-2 | LI-09 | ||||
| Sitio web | triesen.li | ||||
Triesen é un concello situado no sur do principado de Liechtenstein. Contaba en 2010 cunha poboación de 4.827 habitantes.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Limita ao norte co municipio de Vaduz, ao leste con Triesenberg, ao sueste con exclaves dos municipios de Vaduz, Schaan e Balzers, ao sur con Maienfeld (Suíza) e Fläsch (Suíza), ao suroeste con Balzers, e ao oeste con Wartau (Suíza) e Sevelen (Suíza).
Lugares de interese
[editar | editar a fonte]- Piscina municipal de Triesen.
- Banco Nacional de Triesen (unha das construcións máis modernas).
- Circuíto de motocross.
- Igrexa de St. Mamerten.
- Igrexa de St. Gallus.
- Galería de arte de Triesen.

Comunicacións
[editar | editar a fonte]Triesen é un dos municipios máis grandes do país, polo que está moi ben comunicado. Triesen posúe varias paradas de autobús e unha estación. Respecto doutros transportes, destaca o automóbil e unha estación de tren, chamada Forst Hilti. O outro transporte, ademais de ser o máis rendible é o menos contaminante, é a bicicleta. Desde Triesen parten numerosos carrís bici que comunican a cidade con outras localidades como Vaduz, Schaan ou Balzers.
Deportes
[editar | editar a fonte]O FC Triesen é un dos poucos equipos de Liechtenstein que xogan en Suíza. Como Triesen se atopa nun val rodeado de altas montañas, o deporte máis practicado é o esquí, así como outros deportes de inverno. Outros deportes importantes son a patinaxe sobre xeo e a natación, xa que hai unha piscina municipal cuberta. O circuíto de motocross de Triesen é o único que hai no país.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Triesen |
