WordPerfect é un programa de procesamento de textos que tivo a súa máxima popularidade a finais dos anos 1980 e a principios dos anos 1990. Foi o estándar de facto durante moitos anos, pero na actualidade fica eclipsado, tanto en vendas coma en popularidade, por Microsoft Word. Hoxe Wordperfect estase a recuperar en mercados como o de Norteamérica grazas ao desenvolvemento por Corel e as vantaxes que a súa suite ofrece sobre a de Microsoft, e iniciou a recuperación noutros mercados.