Temas
Cidade do ken de Yamaguchi, na illa de Honshū, Xapón (257.263 h [1997]). Está situada no extremo SO da illa, no estreito homónimo, que a separa de Kyūshū. É un porto comercial desenvolvido grazas á importante conca de Ube.
Cidade da provincia de Ontario, Canadá (109.016 h [2001]). Posúe un porto situado na costa setentrional do lago Superior. Creouse en 1970 coa fusión das cidades de Fort William e Port Arthur.
Cidade de Gascoña, Occitania, situada no departamento de Altos Pireneos, Francia (16.300 h [1990]). Está situada ao pé do Pireneo Occidental e converteuse nun centro de peregrinaxe mariana internacional desde que, en 1858, Bernadette Soubirons afirmou que se lle aparecera a Virxe nunha cova chamada Masabièla.
Cidade situada no estado de New Jersey, EE UU (228.540 h [1990]). Forma parte da aglomeración urbana de Nova York. As principais industrias son as refinerías de petróleo.
Cidade do land de Hessen, Alemaña, situada á beira do río Main, entre Maguncia e Frankfurt (59.300 h [1990]).
