Benvido a EGU - Enciclopedia Galega Universal
Aínda non se creou contido para a páxina principal.
Gravador e arquitecto italiano. Coñecido como Giambattista Piranesi, iniciou a súa carreira en Venecia. Das súas numerosas series de gravados destacan Opere varie d’architettura, prospettiva, groteschi, antichità (1750), o ciclo Vedute di Roma (1748-1775), Carceri d’invenzione (1750-1760) e Antichità romane (1756). Construíu Santa Maria del Priorato, coa contigua Piazza dei Cavalieri di Malta (1764), en Roma.
Pintor. Coñecido como Guerreiro, estudiou Belas Artes en Madrid e ampliou a súa formación en París e Italia. Realiza unha obra hiperrealista caracterizada polo dominio do debuxo e as tonalidades grises. Das súas obras destacan os murais da igrexa de San Bartolomeu de Xove. Realizou as ilustracións de A fonte da vida longa (1898) e Tras as portas do rostro (1992) de Marica Docampo. Fixo exposicións individuais e participou na III Mostra Unión Fenosa. Recibiu o Primeiro Premio de Pintura Lugo Nova 90 e foi finalista no Concurso de Ilustración de Libros de Cuentos Espasa-Calpe (1990).
Doutor en Dereito e en Teoloxía no Seminario Compostelán. Foi ordenado sacerdote en 1884. Desde o diario compostelán El Libredón combateu a democracia e o sistema parlamentario. Entre as súas obras podemos citar: Examen crítico de las nuevas escuelas de Derecho penal (1899), Naturaleza y origen histórico del Derecho de castigar (1902), que foi a súa tese de doutoramento, Las personas responsables de los delitos y faltas según la Legislación española (Santiago de Compostela, 1914) ou El impuesto municipal en los pueblos rurales (1919). En lingua galega presentou aos Xogos Florais de Betanzos o seu estudo Eisixenzas ferroviarias de Galicia y-a necesidade de resolver iste problema, que foi recollido nun volume titulado Xogos Frorais de Betanzos (1918).
Escritor mozárabe cristián moi influínte en Córdoba no s IX. Escribiu a vida de Euloxio e combateu os erros do apóstata Eleazar. Entre os seus libros destaca Indiculus luminosus (854), epístolas e poemas.
Naturalista e médico. Foi practicamente o iniciador dos estudios herpetolóxicos na Península Ibérica, autor de Catalogue des reptiles et des anphibiens de la Péninsule Ibérique et des îles Baléares (Catálogo dos réptiles e dos anfibios da Península Ibérica e das Illes Balears, 1878). En 1879 visitou o sueste de Galicia e citou numerosas especies nunha publicación dese mesmo ano. Foi catedrático de Historia Natural na Universitat de València, onde reuniu un museo con máis de 43.000 mostras.
Municipio da provincia de Málaga, Andalucía, no que se localiza a serra de Yeguas (2.059 h [1996]). O municipio comprende a gran lagoa da Fuente de Piedra, considerada Reserva Natural. A economía é agrícola e gandeira. De orixes iberas, estivo ocupada por fenicios e romanos, que lle deron o nome de Fons Divinus polas propiedades curativas das súas augas. Foi recuperada ao poder musulmán en 1461 pero ata 1547 non se converteu en lugar de destino para enfermos. Do seu patrimonio cultural destacan, entre outros, a igrexa de Las Virtudes (s XIX) e o palacio da marquesa de Fuente de Piedra (s XIX).
