Temas

Gippsland

Rexión do estado de Victoria, ao SL de Australia (35.000 km2). É unha ampla extensión que se estende de L a O ata a baía de Port Phillip e constitúe a orla marítima dos Alpes Australianos.

Máis >
Bačka

Rexión de Iugoslavia, na Vojvodina, entre o Danubio e o Tisza inferior. É unha das rexións agrícolas máis fértiles da República Federal de Iugoslavia. Os principais núcleos de poboación son Novi Sad (a capital da Vojvodina), Subotica e Sombor. A Backa, que participara nas diversas vicisitudes de Alföld (avances na fronteira romanesa, invasións dos hunos e dos ávaros) foi poboada por maxiares ata que a maior parte dos habitantes a abandonou fuxindo da conquista turca no s XV. Agás algunha colonización serbia, a repoboación iniciouse despois da reconquista cristiá do s XVII con refuxiados católicos de Dalmacia, Bosnia-Hercegovina e Eslovaquia, maxiares, alemáns de Suabia, loreneses (despois asimilados polos anteriores) e eslovacos. O tratado de Trianon (1920) atribuíu case toda a rexión a Iugoslavia. Despois da derrota alemá na Segunda Guerra Mundial a maior parte dos alemáns morreron ou foron expulsados. No ano 1992 permaneceu integrada en Serbia.

Máis >
Annam

Rexión do Vietnam que se estende ao longo da costa do mar da China meridional, desde o golfo de Tonquín ata a Cochinchina. Constituída por unha dorsal montañosa, a cordilleira Annamita é unha rexión esencialmente agrícola e as súas poboacións máis importantes son: Hue, Da Nang e Binh Dinh. Primitivamente civilizada por pobos de cultura chinesa, Annam transformouse en reino vasalo da China ata o 1428, cando os annamitas rexeitaron definitivamente os chineses e estableceron un reino independente baixo a dinastía dos Le. Un dos membros desta última familia, Nguyen Ahn, axudado por mercenarios franceses e por outros países europeos, unificou o territorio, que dende aquela pasou a chamarse Vietnam, e fundou o Imperio de Annam (1802). Nguyen Anh converteuse no primeiro Emperador co nome de Gia-Long. Cara ao 1833 estableceuse un protectorado francés sobre Tonquín en Annam. A partir da proclamación da República do Vietnam (1945), Annam entrou a formar parte do Vietnam.

Máis >
León

Rexión histórica da Península Ibérica, que constituía o extremo occidental da Meseta Setentrional, formada polas provincias de León, Zamora, Salamanca, Valladolid e Palencia. É a actual Castela e León.

Máis >
Cuvette

Rexión da República do Congo (74.850 km2; 151.839 h [estim 1992]). Dividida nas rexións oriental e occidental, as súas capitais respectivas son Owando e Ewo.

Máis >
Kasai Occidental

Rexión da Republica Democrática do Congo (154.742 km2; 3.117.000 h [estim 1994]). A súa capital é Kananga.

Máis >
Costa do Mediterráneo

Rexión de Turquía (59.395 km2; 5.497.600 h [1990]).

Máis >
Molise

Rexión de Italia meridional, constituída en 1963 ao obter a autonomía administrativa Os Abruzos e que correspondía á provincia de Campobasso ata 1970, cando foi dividida nas dúas provincias actuais: Coampobasso e Isernia (4.438 km2; 316.548 h [2001]). A capital é Campobasso. Esténdese desde a vertente oriental da cordilleira dos Apeninos ata o Mar Adriático.

Máis >
Carelia

Rexión do antigo Imperio Ruso que se estende desde os lagos Ladoga (Lad ǒ skoje Ozero) e Onega (Onežskoje Ozero) ata o Mar Branco (Beloje More). Xeomorfoloxicamente, forma parte do escudo báltico e está constituída principalmente por granito e gneis, moi afectados pola glaciación. Os solos son pobres en humus, e o país está ocupado en gran parte por lagos e zonas pantanosas. Ten un clima continental extremo. Os principais núcleos de poboación son Petrozavodsk, Kondopoga, Segeža, Kem’ e Lieska. Trala desaparición da URSS quedou dividida entre Rusia (República de Carelia) e Finlandia (Pohjois-Karjalan). A Carelia occidental foi historicamente a parte máis civilizada e poboada do país. Pertenceu ao estado sueco-finlandés ata o Tratado de Nystad (1721), momento en que pasou a pertencer a Rusia. En 1809, ao caer Finlandia baixo o dominio ruso, a rexión adheriuse ao resto do territorio finlandés, unión que se mantivo ata que se recoñeceu a súa independencia en 1920. Pola contra, a Carelia...

Máis >
Brong-Ahafo

Rexión de Ghana (39.557 km2; 1.432.971 h [est 1991]). A capital é Sunyani (98.500 h [1984]).

Máis >
Loading