Jacques Ellul
Jacques César Émile Ellul, máis coñecido como Jacques Ellul, nado en Bordeos o 6 de xaneiro de 1912 e finado o 19 de maio de 1994, foi un filósofo, sociólogo, teólogo e anarquista cristián francés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Educado nas universidades de Bordeos e París, foi profesor e membro relevante da comunidade protestante francesa.[1] Escribiu varios libros contra a sociedade tecnolóxica, e algúns sobre a relación entre o cristianismo e a política, tal como Anarchie et Christianisme (1991) argumentando que o anarquismo e o cristianismo compartían os mesmos fins sociais .
É considerado, xunto aos seus amigos Iván Illich e Bernard Charbonneau, un dos pais das ideas sobre o post-desenvolvemento, do decrecemento e de simplicidade voluntaria; é dicir da ecoloxía política.
Ellul considera que vivimos nunha sociedade tecnolóxica[2], que denomina sistema técnico, cuxo modelo de racionalidade é a eficiencia. O ser humano está constituído por unha gran diversidade de dimensións (poética, simbólica, relixiosa, técnica etc.)/ etc.) pero, segundo o autor, a tecnolóxica desprazou a todas as demais para centrarse na potencia e na eficacia.Ante esta situación propón unha ética do non-poder[3], que se caracteriza por non colaborar co sistema técnico. O non-poder é o contrario da impotencia e caracterízase pola frase podo pero non quero.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Jaques Ellul. La edad de la técnica.". www.icns.es (en inglés). Consultado o 2025-12-01.
- ↑ Rabet, Yerko Ignacio Mejías (2024-06-30). "Reflexiones apocalípticas en torno al desarrollo tecnológico: una mirada desde la filosofía de Jacques Ellul y Éric Sadin". TRAZOS – Revista de Estudiantes de Filosofía (en castelán) 1 (8): 89–99. ISSN 2591-3050.
- ↑ Peralta Sánchez, Andrés Felipe (2006-07-28). "The Notion of Ambivalence in the Technique from Jacques Ellul Perspective". Sistemas y Telemática 1 (2): 91. ISSN 1692-5238. doi:10.18046/syt.v1i2.924.